I XORNADAS DE ACTIVIDADES SUBACUÁTICAS CLUB SOTAVENTO NO CONCELLO SANXENXO

O mércores día 15 ás 19:00, o Club Sotavento inaugura a súa exposición de fotos. A este evento estan convidados todos os socios e «amigos» do Sotavento. Este ano a diferenza de anos anteriores, a exposición realízase coa colaboración do  Concello de Sanxenxo. A sala que poñen á nosa disposición é a Sala Nauta, á beira da oficina de Turismo de Sanxenxo, no mesmo náutico.

A exposición xoga cos diferentes formatos das fotografías e realizando un percorrido pola variedade cromática que nos dan as diferentes imaxes que presentamos. Na inauguración aproveitase para saudarnos e pasar un intre agradable, contándonos as «batallitas» dos últimos meses. Na mesma, estarán presentes os competidores do Club aos que se poderán preguntar as dúbidas e pormenores das diferentes disciplinas de actividades subacuáticas.

A exposición estará de forma permanente do día 15 ao 31 de xullo en horario continuo de  L- S de 9:00 a 21:00 e o domingo de 9:00 a 14:00.
Asociada a esta Expo, realizaránse outras actividades:

  • XIV campionato galego de  cazafotosub en apnea. Tedes máis información picando AQUÍ.
  • Tamén contaremos o día 31 con JORGE CANDÁN campión do mundo de vídeo submarino nos anos 2010 e 2019. Proxectaranse na Praza dous Barcos no Náutico de Sanxenxo uns vídeos seus nunha pantalla xigante ao aire libre ás 22:30 horas. SON IMPRESIONANTES, animarvos a asistir.
  • Durante o mes de setembro, realizaranse uns talleres de iniciación á apnea na piscina de Portonovo. Se estades interesados, podedes pedir máis información no  mail clubsotavento@gmail.com

Lembrar que debemos as medidas de seguridade en todo momento, a máscara será obrigatoria para entrar e debemos respectar a distancia de seguridade.

Fuente: Club Sotavento

Deja un comentario