XXI CAMPIONATO FOTOSUB CIDADE DA CORUÑA

O pasado domingo día 6 de Agosto tivo lugar un ano máis o campionato fotosub,  sendo xa o “XXI Campionato Cidade de A Coruña 2017 – IX Memorial Fernando Torreiro”, organizado por o Club do Mar de San Amaro de A Coruña conxuntamente coa FEGAS.

O campionato celebrouse nas augas da Enseada de San Amaro e na zona denominada “O Grelle”. Este ano a fotografía de macro selectivo elixida por a organización foi anemona “CORINATIS”.

As 8:30 da maña o día presentábase medio nubrado pero prevíase que fose clareando o que facía supor que teríamos un bo día para as inmersións ademais con boa temperatura. Comezamos o día o Campionato as 9:00 coa presentación de documentacións, listados de inmersión, entrega de números,  fotos de control, etc…, para as once parellas participantes formadas por fotógrafos e co fotógrafos. O Club do Mar para este campionato contou ademais de todas as súas instalacións e infraestrutura, con catro embarcacións, dúas de propiedade do Club o “Atlantis” e o “Buitron”, a “zodiac” da FEGAS e a embarcación e colaboración da Cruz Vermella. As 10:25 deuse o comezo a primeira inmersión, a maioría de parellas elixiu “O Grelle” para esta, salvo unha parella que preferiu comezar a Enseada de San Amaro.

As augas estaban tranquilas e cun clareo aceptable, elementos que axudaran a o que se poidan facer unhas boas fotografías. Despois de noventa minutos da primeira inmersión rematada, mentres se fan os primeiros comentarios e se cambian impresións sobre o clareo, as zonas de mergullo, do que viron, etc…, pero sempre gardándose algún segredo, tomamos un reconstituínte para poder seguir con campionato. Os participantes ademais de cambiar a botella, algunhos fixeron o cambio de obxectivos das súas cámaras, salvo os que levaban cámara compacta, para poder así rematar a súas colección de fotos nesta segunda inmersión de tamén 90 minutos. Cada participante puido facer 100 fotos entre as dúas inmersións, que teñen que ser correlativas incluída a foto de control, que son as que lle contarán para a presentación, das cales terán que seleccionar seis, nas que haberá: unha de macro selectivo, unha de macro non peixe, unha de peixe primeiro plano, unha de peixe enteiro, unha de ambiente sen modelo, e unha de ambiente con modelo. Ao final da maña, as 14:25 deuse por rematada a segunda inmersión.

De volta a terra, as parellas comezan co “endulzado” con auga doce de cámaras, de equipos e traxes de mergullos, descarga e control de tarxetas das cámaras por parte da organización, recollida de equipos, de boias de balizado de zona, lavado de embarcacións, etc… Despois desta longa maña de “traballo” para uns e “diversión” para outros, temos todos ben merecido unha comida de confraternidade, para poder así facer os comentarios das xogadas, de como foi o campionato a cada un, de como vai o circuíto do campionato, das instalacións do Club do Mar de San Amaro, de política, etc…, bueno un pouco de todo. As 18:30 deuse por rematada a xornada, nos despedimos e quedamos emprazados para o próximo Campionato Galego de Portonovo o próximo día 20 de Agosto, e ademais para o Campionato do ano que ven, non sen antes recordar que no próximo mes de setembro teremos no Club do Mar de San Amaro a Concentración de Ras 2017.

A organización e o Club do Mar de San Amaro de A Coruña, agradécevos a todos a vosa participación, ademais de agradecer a FEGAS, o Concello de A Coruña, e a todos os colaboradores para este fose un día de competición entre amigos.

PARTICIPANTE Nº 1

PARTICIPANTE Nº 2

PARTICIPANTE Nº 3

PARTICIPANTE Nº 4

PARTICIPANTE Nº 5

PARTICIPANTE Nº 6

PARTICIPANTE Nº 7

PARTICIPANTE Nº 8

PARTICIPANTE Nº 9

PARTICIPANTE Nº 10

Deja un comentario