Galicia Sabe a Mar

Os produtos do mar de Galicia están a demostrar que son auténticos viaxeiros grazas a que tanto a Administración galega como as empresas da comunidade apostan por mostrar as súas bondades máis aló das súas fronteiras. Esta estratexia -iniciada hai xa máis dunha década e desenvolvida con actualizacións e adaptacións constantes ás demandas dos consumidores- contribúe a poñer en valor a calidade dos peixes e mariscos galegos en todas as súas versións -frescos, conxelados, en conserva ou noutras presentacións- e o labor dos profesionais do mar que se encargan de capturalos e preparalos para a súa venda.

No pasado exercicio saíron da comunidade autónoma o 56% dos que produtos que vendeu España ao estranxeiro, xerando o 52% do valor; o que representa un 2,94% máis que en 2022 e supera nun 15,76% as de 2021. Asemade, mellorou o volume de negocio nun 0,65% respecto ao ano anterior e un 2,5 comparándoo co de 2021.

Este fito produciuse malia as dificultades económicas globais derivadas da guerra en Ucraína, do encarecemento da enerxía e das materias primas e da escalada inflacionista que levou aparellada.

A Consellería do Mar, que está a participar cada ano en preto dunha vintena de certames nacionais e internacionais a petición do propio sector, que ve na presenza nestes foros unha oportunidade para impulsar a súa actividade e as relacións comerciais con todo o mundo. Nesta liña, a Xunta xa estivo ou vai estar presente en importantes feiras internacionais como Gulfood Dubai, Foodex Japan, a Seafood Expo North America, Tutto Food Milán, a Summer Fancy Food Show de Nova York, a Seafood Expo Asia, Expomar Cabo Verde ou Anuga Colonia. A elas engádense outras nacionais como a Aquafuture Spain de Silleda, o Salón Gourmets de Madrid, a Seafood Expo Global de Barcelona, Expomar Burela, Salimat Abanca en Silleda, Conxemar Vigo, San Sebastián Gastronómika, Xantar Ourense ou Gastrónoma Valencia.

GALICIA SABE AMAR

A comunidade participa nestas feiras no marco da campaña GALICIA SABE AMAR, posta en marcha en 2021 e que ten como obxectivo poñer en valor os produtos do mar e ao mesmo tempo agradecer o esforzo realizado polos pescadores galegos para poñer a disposición dos consumidores múltiples alimentos da máxima calidade.

Esta estratexia ampla -que engloba outras esforzo realizado pola frota malia dificultades. Neses meses o sector pesqueiro, que foi declarado esencial, seguiu faenando malia que en moitas ocasións non lle era rendible para subministrar alimentos de calidade á cidadanía.

As campañas xenéricas impulsadas pola Xunta de Galicia  engádense outras específicas de produto, tanto do sector como da Administración, nas que se poñen en valor recursos como a pescada, o bonito do norte, a centola, o polbo, os mariscos ou o mexillón, entre outros moitos. Nesa promoción tamén se inclúen os produtos elaborados, como son as conservas ou conxelados, que contan con importantes campañas para impulsar o seu consumo e os seus prezos.

Con todo este traballo, Galicia aspira a que os profesionais do mar conten con mellores ingresos e que a actividade poida manterse no futuro facéndose atractiva para as novas xeracións. A finalidade é que a xente nova vexa que o sector marítimo-pesqueiro é unha boa opción profesional e que a comunidade manteña o seu papel de referente español e europeo na produción e comercialización de produtos do mar tamén as accións puntuais dirixidas aos escolares ou á xeración millennial– deu continuidade á iniciativa posta en marcha en 2020 coincidindo coa alerta sanitaria polo coronavirus Compra produto fresco do mar.

Novidades dende 2023

A campaña GALICIA SABE AMAR supón percorrer mediante catro foodtrucks distintos concellos de Galicia polos que pasan diferentes rutas do Camiño de Santiago. Neles as catro furgonetas ofrecen petiscos elaborados a base de produtos certificados do mar de Galicia para poñer en valor a súa versatilidade e calidade animando así a veciños e visitantes a mercalos e consumilos. Achegaron as súas elaboracións a 35.000 persoas e a 376 concellos, sumando un  total de máis de 6.000 quilómetros percorridos. En 2024 e 2025 a previsión é ofrecer 1.400 degustacións.

A campaña ofrece un total de 10 pinchos diferentes elaborados a base de produtos certificados do mar -como os amparados polo selo pescadeRías, berberecho de Noia, bonito do norte ou mexillón de Galicia- xunto a outros produtos da terra con Indicación Xeográfica Protexida (IXP) ou Denominación de Orixe Protexida (DOP) como as fabas de Lourenzá, mel de Galicia, pementos de Arnoia e Herbón, queixos de Arzúa-Ulloa ou do Cebreiro, pan de Cea ou as patacas (www.galiciasabeamar.gal)

Resultados

A estratexia deseñada por Galicia para promocionar os produtos do mar e elevar tanto o seu consumo como os seus prezos parece dar froitos pois as cotizacións nas lonxas galegas encadearon varios máximos históricos nos últimos anos.

Un sector con impacto en toda a economía

As accións de promoción dos produtos do mar convértense nunha importante ferramenta para elevar os prezos e impulsar un sector fundamental para a economía galega pois ten interacción con 76 das 83 ramas económicas identificadas en Galicia.

A promoción convértese así nun paso intermedio entre a extracción e a comercialización dos recursos que contribúe a optimizar os resultados e mellorar a rendibilidade da actividade en beneficio do conxunto dos profesionais do mar.

Unha opción saudable   

Ao adquirir peixes e mariscos frescos ou calquera dos produtos transformados ou acuícolas desta proteína mariña non só se están promovendo uns mellores hábitos de vida senón que tamén se impulsa o traballo de todas aquelas mulleres e homes que cada día saen ao mar para que este nutritivo recurso non falte en ningunha mesa. 

Este xesto apoia aos profesionais dun sector que en Galicia conta cun gran peso dado que o 91% das actividades económicas da comunidade están relacionadas coa pesca e a cadea mar-industria. As máis de 60 lonxas galegas poxan unha gran variedade de peixes, mariscos, crustáceos, algas ou equinodermos que poñen a disposición do consumidor un gran abano de posibilidades para levar ao seu fogar cada día e poder cumprir coas recomendacións sanitarias de consumir, como mínimo, tres ou catro racións desta proteína á semana.

Deja un comentario