A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou no Grove a primeira ruta europea de turismo de mergullo sustentable Wildsea Atlantic Ocean Heritage Route (WAOH! Route), unha iniciativa conxunta xurdida ao abeiro do proxecto europeo Wildsea Europe no que a Comunidade galega participa xunto a Reino Unido, Irlanda e Portugal. Este pioneiro itinerario permitirá conectar lugares de mergullo de primeiro nivel establecendo sinerxías cos deportes náuticos, a enogastronomía, o turismo mariñeiro e a arqueoloxía marítima.
“É unha perfecta oportunidade na que Galicia ofrecerá a súa personalidade e singularidade como destino e tamén a experiencia na posta en marcha de produtos vinculados ao mar, que poderán enriquecer este novo itinerario internacional”, salientou Nava Castro durante a rolda de prensa na que tamén estiveron presentes varios membros do grupo de traballo que están estes días en Galicia ao ser o lugar escollido para o lanzamento deste proxecto.
WAOH! Route conta co apoio financeiro da Unión Europea, que aporta os 375.000 euros do investimento para a súa posta en marcha e nace para fortalecer a Europa como un destino sustentable de alta calidade que é quen de crear unha identidade compartida baseada nos hábitats mariños e no amplo patrimonio subacuático do Atlántico.
Avistamento de cetáceos e kaiak
Tomando como fío condutor o turismo de mergullo, o proxecto permitirá combinalo con actividades náuticas que incluirán percorridos en kaiak polas rías galegas, avistamento de cetáceos ou mesmo actividades para descubrir patrimonio marítimo formado por galeóns, mercantes ou pesqueiros mergullados nas profundidades, cuxo coñecemento a través de actividades de turismo subacuático permitirán promover a súa conservación e protección como atractivo de turismo cultural.
Ao abeiro deste pioneiro itinerario que promove a costa atlántica do sur e norte de Europa preténdese crear unha marca común que aglutine a actual oferta de actividades turísticas vinculadas ao mergullo, deportes náuticos, enogastronomía, turismo mariñeiro e arqueoloxía marítima. Tamén servirá de aliciente para novas experiencias transnacionais que impulsen a actividade da crecente cantidade de empresas especializadas neste campo. WAOH! Route atraerá un mercado en crecemento, especialmente no eido internacional, onde se contabilizan seis millóns de mergulladores e máis de 20 millóns de afeccionados ao kaiak.
Ya están disponibles los Reglamentos particulares para el V Campeonato de España Femenino de Pesca Submarina y la VIII Copa de España Sub-23 de Pesca Submarina, que se celebrarán en Guía de Isora, Tenerife, del 5 al 8 de julio, organizados por delegación de la FEDAS, por la Federación Canaria de Actividades Subacuáticas. La información relativa a…
La ONG Coral Guardian utiliza en Indonesia el sistema de buceo patentado de la española Peter Diving, que elimina la necesidad de cargar con el tanque de aire comprimido a la espalda y el uso de motores El sistema, protegido por patente internacional, ofrece dos grandes ventajas que se resumen en la seguridad y la…
Así definía o voluntario Carlos, no debate da tarde, a completa xornada de limpeza na ría de Corcubión. Unha xornada que levou a Costa da Morte 10 anos atrás para agradecerlles a todos os Voluntarios que nos cambiaron a cor, e para dicirlle que aquelo que fixeron non foi de balde: “Esta é a herencia que…
El próximo 6 de junio de 2026, las aguas de la costa pacífica gallega acogerán el VIII Open Social Vila de Baiona de pesca submarina. Este evento, organizado por el Club Deportivo Subacuático Pérez-Sub, promete ser una gran jornada deportiva en las aguas del Cabo Silleiro. La competición está abierta a deportistas que cuenten con…
Cádiz, 21 de julio de 2022. Las instalaciones deportivas municipales de Elcano acogerán desde mañana el Campeonato de España de Pesca Submarina, que se desarrollará hasta el próximo domingo, 24 de julio, y contará con la participación de campeones a nivel mundial y europeo, tanto en la categoría masculina como en la femenina. El Ayuntamiento de…
Galicia estará este miércoles bajo la influencia de una profunda borrasca que dejará lluvias intensas y vientos de hasta 100 kilómetros por hora en zonas de A Coruña y Ourense. Además, toda la costa registrará vientos fuertes y mar muy gruesa, aunque en la zona de A Mariña la situación será más calma. La…
Utilizamos cookies propias y de terceros para garantizar el funcionamiento de la web, medir su uso y mejorar nuestros servicios. Puede aceptar todas las cookies, rechazar las no necesarias o configurar sus preferencias. Política de cookies
Configurar cookies
Necesarias para que la web funcione correctamente. No se pueden desactivar desde este panel.
Ayudan a medir el uso del sitio y mejorar sus contenidos.
Permiten publicidad, medición de campañas o personalización de anuncios.
Guardan preferencias o permiten contenido externo no necesario.