Recoñecemento deportistas galegos de alto nivel, DGAN

Dende a Secretaría xeral para o Deporte recordamos que se inicia un novo prazo para poder solicitar o recoñecemento de DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN) durante todo o mes de NOVEMBRO.

O pasado mércores 23 de maio de 2018 foi publicada no Diario oficial de Galicia, DOG, a Resolución do 14 de maio de 2018, da Secretaría xeral para o Deporte, pola que se aproba o modelo de solicitude para o recoñecemento da cualificación de deportista galego de alto nivel.

As solicitudes poderán presentarse preferentemente de forma telemática e opcionalmente en calquera dos lugares establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Agradecemos que colaboredes cos solicitantes facilitándolles o antes posible o anexo II asinado electrónicamente

ANEXO II. Certificación dos datos da federación deportiva

Lembrade que se se acredita una proba non olímpica deberá constar o número de participantes, embarcacións, vehículos… participantes

Ademais os interesados deberán presentar xunto con anexo II, o ANEXO I. :modelo de solicitude cuberto e asinado polo solicitante ou polo seu titor se é menor de idade.

https://deporte.xunta.gal/gl/deportistas/deportistas-galegos-de-alto-nivel-dgan

para mais información podedes chamar ao teléfono 881996367

Deja un comentario