Alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior dun episodio de fenómenos metereolóxicos adversos para Galicia.

«A Axencia Estatal Metereolóxica informa nos seus boletins nº9171 GAL e 12/71 GAL do día 04/01/2016 ás 9:47 horas, dun fenómeno metereóloxico adverso por COSTEIROS de nivel LARANXA que afectará entre os días 04/01/2016 e 06/01/2016 á provincia de A CORUÑA por mar combinada do Oeste ó Noroeste con ondas de 5 a 6 metros nas seguintes zonas:

  • A CORUÑA (Noroeste, Oeste, Suroeste) ó comezo iniciarase sobre as primeiras horas de día 04/01/2016, estando previste que remate ás primeras horas do día 06/01/2016.
  • Asemade, na zona de A CORUÑA( Suroeste) está previsto que entre a media tarde do día 04/01/2016 e as primeiras horas do día 05/01/2016 o nivel pase a AMARELO, volvendo a subir a LARANXA ata as primeiras horas do día 06/01/2016.

Tamén se avisa dun fenómeno metereolóxico adverso por COSTEIROS de nivel AMARELO que afectará entre os días 04/01/2016 e 06/01/2016 por mar combinado do Oeste ó Noroeste, con ondas de 4 a 5 metros, nas zonas de Lugo ( A Mariña) e Pontevedra (Miño, Rías Baixas) estando previsto que se desenrole entre a media tarde do día 04/01/2016 ata as primeiras horas do día 06/01/2016.»

Deja un comentario